Rias Baixas

 

A franxa de costa coñecida como Rías Baixas corresponde á que en dirección S discorre desde Monte Louro ata a desembocadura do río Miño. Situadas ao SW da Comunidade Autónoma de Galicia, están delimitadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas por occidente.

De N a S atoparemos as rías de Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo, dentro do seu espazo físico, pero de gran interese como son a ensenada de O Grove, Cambados, de Aldán, Baiona e, separando cada un dos arquipélagos que o forman, as impresionantes illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
 
As Rías Baixas son grandes entradas naturais da mar en terra, cunha clara e definida dirección NNE, abertas polo W ao Océano Atlántico e con lonxitudes que superan os 30 km e profundidades máximas de 50 m. A Ría de Muros e Noia, a máis norteña, é aberta e pequena, nela atópase a mariña de Portosín. Finaliza ao S no Cabo Corrubedo, dando paso a Ría de Arousa, unha raíña de beleza nas súas 14 M de fondo. Ríaa Bela con centos de praias e illas e unha brisa constante.
 
Ribeira, A Pobra e Vilanova son as tres mellores mariñas desta ría. Trala praia da Lanzada, a tranquilidade con nome: ría de Pontevedra, con 7,5 M en dirección NE, e cos fondos máis limpos de todas. Nela atópanse as mariñas de Portonovo,Sanxenxo, Combarro, Pontevedra e Beluso.O acantilado da Costa da Vela lévanos a Ría de Vigo, a máis cosmopolita e a que concentra maior densidade de poboación. Con 15 M de mar navegable en dirección ENE, fixo as delicias de Xullo Verne buscando o ouro dos galeones españois no estreito de Rande.
 
Os portos de Cangas do Morrazo, Moaña e os dous de Baiona ofrécennos as mellores posibilidades para coñecer o Parque Nacional, (Illas Cies e Ons), así como chegar á cidade máis grande desta Comunidade Autónoma: Vigo. Enfronte das tres últimas rías, como titánicos cancerberos ante a embestida atlántica, atópanse os arquipélagos de Sálvora, Ons, e Cies, auténticos paraísos naturais. Nas Rías Baixas pódese gozar do mar durante todo o ano practicando calquera actividade náutica, non en balde nelas atópanse as mellores instalacións de Galicia.

Intecmar

Cetmar